EconomíaEconomíaEntroido 2024Última hora

A XVIII Festa da Soá reúne a 650 persoas no pavillón da Veiga

 

Tralo desfile de folións e compartes neste Martes de Entroido A Veiga celebraba a XVIII Festa da Soá, a máis numerosa da súa historia. Unha cita gastronómica que reunía no pavillón polideportivo municipal a unhas 650 persoas. A maioría eran os participantes no desfile, pero tamén había veciños da localidade e doutros puntos da comarca, como O Barco.

 

 

Os asistentes, entre os que estaba o membro da lista por Ourense do PP Xosé Manuel Merelles, acompañado do alcalde da Veiga Juan Anta e doutros membros do partido e alcaldes de concellos da bisbarra, degustaron un menú a base de sopa de cocido e o prato central: soá con chourizo, lacón, patacas e garavanzos; ademais de postre, viño, cafés e licores.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button