CulturaCulturaÚltima hora

A XVIII Semana Cultural de Lamalonga, que promove a Asociación Pepe de Barrio, celebrarase do 11 ao 17 de agosto

Incluirá numerosas propostas lúdicas, un concurso de tortilla de patacas e un concerto, entre outras propostas

Foto dunha edición anterior da Semana Cultural de Lamalonga./ Cedida.

 

Cunha variada e moi intensa axenda de actividades para todas as idades chega a XVIII Semana Cultural de Lamalonga (A Veiga), que se celebrará do 11 ao 17 de agosto. O programa, promovido pola Asociación Pepe de Barrio, abrirase o día 11 ás 23h. cun bingo musical na cantina, mentres que o luns 12 está previsto un concurso de tortillas de patacas na cantina ás 12:30h. Ademais, esa mesma tarde celebrarase unha xincana de xogos na pista.

Os actos proseguirán o 13 de agosto ás 16:30h. cun torneo de tute para adultos na cantina, ás 18h. desenvolverase un torneo infantil de futbolín nese mesmo lugar e ás 23h. o concerto de Soul&Roll. Xa o mércores 14 de agosto ás 11:30h. impartirase un obradoiro infantil de arxila no primeiro andar da escola.

Finalmente, o sábado 17 de agosto ás 12h. procederase a apertura dos Museos de Pepe de Barrio ás 18h. farase un taller do recordo no Sagrado, O Magote en Lamalonga e, finalmente, ás 19h. unha asemblea da Asociación Pepe de Barrio.

 

Back to top button