ConcellosEconomíaEconomíaEn portadaQuirogaÚltima hora

A XXIV Mostra do Aceite de Quiroga incluirá degustacións comentadas

Sete son os olivicultores que participarán nesta edición, prevista para o 21 de abril en Bendilló

 

A Mostra do Aceite de Quiroga que se celebrará o domingo 21 de abril no lugar das Farrapas, en Bendilló, xa ten pechado o programa.  A recreación da elaboración tradicional no muíño e a venda do aceite de oliva de Quiroga serán os puntos centrais desta Festa de Interese Turístico de Galicia que comezará ás once e media da mañá.

A novidade desta edición será a degustación comentada dos aceites de Quiroga na Capela das Farrapas. Esta degustación terá prazas limitadas e soamente se precisa anotarse antes do seu inicio no mesmo lugar de celebración. Para facilitar o maior número posible de participantes celebraranse dúas quendas, unha ás doce do mediodía e a outra a unha.

Non faltará a música tradicional nesta xornada que virá da man do grupo de gaitas de Quiroga, “O Recanto”, de do grupo “Merenzao”, este último virá da man do programa Tradigalu, da área de cultura da Deputación Rovincial.

Sete son os olivicultores que participarán na XXIV Mostra do Aceite de Quiroga: Ouro de Quiroga, Jesús Bao Mondelo, Aceiroga, Jesús Arias Rodríguez, Pedro Soto Losada, Val de Quiroga e Cento x Cento.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button