EconomíaEconomíaÚltima hora

A XXIV Mostra do Aceite de Quiroga reunirá a 7 olivicultores en Bendilló o 21 de abril

Como novidade, nesta edición o Concello de Quiroga traballa na organización de degustacións comentadas dos aceites participantes

O alcalde de Quiroga, na reunión cos olivicultores participantes na mostra./ Foto: Concello de Quiroga.

 

Sete son os olivicultores que participarán na vindeira edición da Mostra do Aceite de Quiroga, Festa de Interese Turístico de Galicia, prevista para o 21 de abril en Bendilló. Para poder participar como colleiteiros nesta mostra eran requisitos imprescindibles contar co rexistro sanitario vixente e ter unha colleita mínima de 200 litros de aceite. Unhas condicións que os sete produtores participantes (Ouro de Quiroga, Jesús Bao Mondelo, Aceiroga, Jesús Arias Rodríguez, Pedro Soto Losada, Val de Quiroga e Cento x Cento) cumpriron.

A festa de recoñecemento dun produtos emblema de Quiroga, o aceite, celebrarase o domingo 21 de abril no lugar das Farrapas, en Bendilló, e chega a súa 24ª edición.

O venrese reuníanse os colleiteiros participantes co alcalde de Quiroga, José Luis Rivera, e o equipo organizador para pormenorizar o programa da mostra no que a recreación da elaboración tradicional no muíño e a venda do aceite de oliva de Quiroga serán os puntos centrais desta xuntanza. Como novidade trabállase na organización de degustacións comentadas dos aceites participantes.

Artigos relacionados

Back to top button