DeportesÚltima hora

Aarón Pérez (Adas), entre os aspirantes a podio no Campionato de España Sub16 de pista cuberta

Celebraranse a vindeira fin de semana nas pistas de atletismo de Expourense

Aarón Pérez. / Foto: Club Adas.

 

Está mañá tiña lugar a presentación Campionato de España de pista cuberta Sub16 que durante a vindeira fin de semana terá por escenario as pistas de Expourense na cidade de Ourense. O acto, que se desenvolveu no salón de actos do recinto ourensán, contoaba coa presenza do Presidente da FGA Iván Sanmartín; do Director Xerente Expourense, Rogelio Martínez; do asesor de Deportes Concello de Ourense, Aníbal Pereira; do Xefe do Servizo provincial de Deportes, Manuel Pérez así como a do Vicepresidente Deputación Ourense Rosendo Fernández.

Nesta relevante cita Galicia estará representada por 35 atletas no que se agarda sexa unha edición con moitas posibilidades de medallas e de rexistros personais. Entre a relación de aspirantes a podio, contaremos ca presenza do atleta do Adas Cupa do Barco Aarón Pérez, quen recentemente se facía co récord galego na proba dos 60 m. con 7.19. A representación valdeorresa completarase con Sergio Fernández en peso.

 

 

 

Adrián Bernárdez do Val Miñor e Sebastián Bascoy do Coruña Comarca estarán nos postos de favoritos na proba dos 300 m. No medio fondo e fondo Galicia contará tamén con boas bazas grazas á presenza nos 600 m. de Javier Picos do Marineda e de Sabela Martínez da Sociedad Gimnástica sobre os 1.000 m. Ambos afrontarán como líderes estas probas na que parten como serios aspirantes ao podio.

Nos 3.000 m. aposta de calidade da man de Sabela Castelo do San Miguel de Marín e de Alex Sierpes do Trega. Tamén merecen mención as combinadas coa participación de dous atletas en excelente estado de forma, Celia Fernández do Riazor Coruña e Nuno Castro do At. Millaraio. Iria Soleira do CD La Purísima tomará parte nas probas de altura e moi especialmente de triplo a onde se achega ca terceira mellor marca. Por último Sebastián Bascoy do Coruña Comarca, será outro dos atletas importantes participantes sobre a distancia dos 300 m.

Artigos relacionados

Back to top button