ConcellosÚltima hora

Abel Caballero asistirá mañá á VII Festa do Botelo do Barco en Vigo

Asistentes á anteriror edición da Festa do Botelo en Vigo./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Mañá celébrase unha nova edición da Festa do Botelo do Barco en Vigo. Será, coma sempre, no Hotel Coia, e nesta ocasión reservaron praza algo máis de 170 persoas, que degustarán un menú composto por sopa de cocido, empanada de maravallas, botelo e chourizos con grelos e cachelos e, de sobremesa, bica. Todo, regado con viños Mencía da D.O. Valdeorras.

Tal como avanzan dende o Concello, entre os asistentes a esta VII edición, estarán a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, o secretario xeral do Eixo Atlántico, Xoán Vázquez Mao, o pintor Antón Pulido e o escrito e editor Bieito Ledo. En representación do Concello asistirán o alcalde, Alfredo García, e a concelleira de Cultura, Margarida Pizcueta, habituais xa desta cita gastronómica na cidade olívica.

Artigos relacionados

Back to top button