Andainas-Trails-OrientaciónDeportesÚltima hora

Abel Franco e Silvia Casal campións galegos de ‘Quilómetros Verticais Cumios do Courel’

 

Esta fin de semana o Concello de Folgoso do Courel acollía o Campionato Galego de Carreira Vertical de ‘Quilómetros Verticais Cumios do Courel’, formado por tres probas, sendo unha delas o Campionato Galego de Carreira Vertical pola Federación Galega de Montañismo. O sábado disputouse o Quilómetro Vertical de Formigueiros, cunha distancia de 3’9 km con 950 metros de desnivel positivo.

En canto ás clasificacións, no Campionato Galego, na categoría absoluto masculino o vencedor foi Abel Franco do Club Running Sport Trail cun tempo de 41’01”, seguido de Adrián Rodríguez do Club Running Sport Trail con 43’07” e, en terceira posición, entrou Borja Varela do Toxiza CM en 43’26”. En mulleres Silvia Casal proclamouse gañadora cun tempo de 53’33” do GMTA&CHUVONERS, seguida de Mónica Novoa con 1h00’25” do BOX 001 RUN MANIAK e en terceira posición Andrea Montero do Club Tribo Trail con 1h01’32”.

Por clubs, o campión foi CM. Vertice. O segundo posto foi para o Club Traileros Toxos e Birras seguido polo Club Running Sport Trail.

 

 

Ademais do Campionato Galego, tamén se disputaba o podio Absoluto Masculino e Feminino do ‘Quilómetro Vertical de Formigueiros’, sendo vencedor en homes Abel Franco con 41’01”, seguido polo cántabro Diego Díaz con 42’46” e en terceira posición Adrián Rodríguez con 43’07”. O podio feminino foi para a madrileña Carla Junquera cun tempo de 52’03”, seguida de Silvia Casal con 53’33” e Mónica Novoa ocupando o terceiro posto con 1h00’25”.

O sábado pola noite disputábase a segunda proba, o ‘Quilómetro Vertical de Coto’, cunha distancia de 2Km cun desnivel positivo de 500m.

Na subida a Coto, Abel Franco fixo un tempo de 21’48”, seguido de Diego Díaz con 22’25” e completando o podium o vasco Jokin Zabala con 23’07”. En categoría feminina Carla Junquera levaba o primeiro posto cun tempo de 27’48”, en segundo lugar Andrea Montero Trepat con 32’11” e en terceiro posto a cántabra María Alles con 32’43”.

 

Os gañadores.

 

O domingo disputábase a terceira e última proba, esta tíñase que correr polo xa coñecido Quilómetro Vertical de Penaboa, pero debido ao gran incendio sufrido o mes pasado e que devastou por completo o Pico Penaboa, a organización buscou outra alternativa facendo un segundo percorrido subindo ao Pico Formigueiros, cunha distancia de 5’3Km con 900 metros de desnivel positivo utilizando camiños tradicionais por Moreda Maior.

Nesta terceira proba o vencedor absoluto masculino foi Borja Varela cun tempo de 44’26”, seguido por Diego Díaz con 44’50” e en terceira posición Rodrigo Eiras con 45’24”. Na categoría feminina a atleta do Club Terra Trágame Carla Junquera volveuse a levar a primeira posición en 53’59”, en segunda posición Andrea Montero con 59’11” seguida da ourensá Mónica Novoa con 59’14” no terceiro posto.

Os podios na ‘Acumulada’, no tempo total das tres probas, para a categoría absoluto masculino o primeiro posto foi para Diego Díaz do Club KV Torrelavega cun tempo de 1h50’01”, seguido de Borja Varela con 1h51’50” e o terceiro posto foi para Rodrigo Eiras con 1h55’48”. Na categoría feminina, Carla Junquera proclamouse clara vencedora gañando as tres probas cun tempo de 2h13’50”, en segunda posición Andrea Montero con 2h32’54” e completando o podium Mónica Novoa cun tempo de 2h33’06”.

 

Artigos relacionados

Back to top button