ConcellosÚltima hora

Aberta a convocatoria da ARI para solicitar axudas nas zonas do Camiño de Inverno

A ruta está incluída no Programa das Áreas de Rehabilitación Integral dos Camiños da Xunta

A Xunta ampliou a Área de Rehabilitación Integral (ARI) dos Camiños de Santiago, sendo o Camiño de Inverno unha das rutas incorporadas. Así, o Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) e o Ministerio de Fomento acaban de firmar un convenio de financiación polo que se destinarán 1,5 millóns de euros ás rutas incluídas na ARI. As axudas pódense solicitar dende hoxe día 3 de xullo ata o 31 de decembro de 2021.

 

Unha das zonas de Valdeorras polas que pasa o Camiño de Inverno. /Foto: Ángeles Rodríguez.

 

Nesta ampliación tamén ten cabida o Camiño Portugués pola costa, polo que a ARI recollería 9 rutas en total. Estas serían as rutas do Camino Francés, Inglés, Portugués, da Plata, do Norte, Primitivo, de Fisterra-Muxía mais as recentes incorporacións. Así, con esta ampliación, a Área de Rehabilitación Integral comprenderá un total de 687 parroquias distribuidas entre 126 concellos.

 

Novos concellos incluídos na ampliación da ARI Camiños de Santiago

 

As subvencións deste 2019 están destinadas a propietarios de vivendas e comunidades para a posta en marcha de obras de rehabilitación. O importe máximo será de 16.000 euros por vivenda, pero esta cifra podería aumentar 1.000 euros se se adaptara á Guía de cores e materiais aprobada pola Xunta de Galicia. Ademais, se os demantantes son menores de 35 anos e a rehabilitación se produce en concellos de menos de 5.000 habitantes, o importe podería chegar aos 20.000 euros.

A Orde de Axudas pode consultarse en:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190702/AnuncioC3Q2-210619-0004_gl.html

Texto: Alba Prada.

Artigos relacionados

Back to top button