ConcellosO BarcoÚltima hora

Ampliación de horarios en establecementos públicos durante a Semana Santa, no Barco

 

Dende hoxe, mércores 27 ata o día 30 de marzo, “autorízase con motivo da celebración da Semana Santa 2024, a ampliación dos horarios de peche por un tempo máximo dunha hora e media en salas de concertos; establecementos de restauración; e establecementos de ocio e entretemento”.

Así se establece no Decreto do Concello do Barco de Valdeorras no que se especifica que “a prolongación do horario permitido de peche debe de respectar, en todo caso, as demais condicións de funcionamento dos establecementos, establecidas tanto na normativa aplicable, como nas correspondentes licenzas ou autorizacións municipais, debendo os titulares dos establecementos velar polo devandito cumprimento”.

Esta ampliación de horario “en ningún caso debe de aplicarse ás terrazas de que no seu caso dispoñan os establecementos, que seguirán mantendo o seu horario habitual, nin autoriza a celebración de espectáculos ou actividades distintos dos autorizados en cada establecemento”.

 

Artigos relacionados

Back to top button