En portadaÚltima hora

Aberta ao tráfico rodado a ponte de Queizás en Verín

 

Hoxe abríase o tráfico rodado na nova ponte de Queizás en Verín. Este novo viario perimetral ten como principal obxectivo retirar o tráfico pesado do centro urbano de Verín, especialmente ós camións que circulan con destino ó polígono de Pazos (uns 600 vehículos diarios, aproximadamente), reducindo significativamente as emisións contaminantes.

Esta actuación supón un investimento total de 1 millón de euros; dos cales 800.000 euros son achegados polo Instituto para a Diversificación e o Aforro Enerxético (IDAE) e 200.000 euros corresponden a fondos propios municipais, segundo informa o Concello de Verín.

Artigos relacionados

Back to top button