En portadaÚltima hora

Abertal entrega a Cruz Vermella a recadación do concerto para axudar aos refuxiados ucraínos

Publicidade
O presidente da Asociación Cultural Abertal, Manolo Durán, entrega o cheque a Cruz Vermella Valdeorras.

 

Na tarde do 25 de marzo a Asociación Cultural Abertal da Rúa enchía de música e baile o Centro Cultural Avenida, nun concerto solidario en favor dos refuxiados ucraínos, cuxa recadación se entrgaría a Cruz Vermella.

Baixo o título Un canto pola Paz, Abertal facía un repaso polo seu repertorio máis recente, con pezas da banda de gaitas, algo de baile e tamén do grupo de pandereteiras, logrando un total de 1.300,50 euros, que se destinarán á emerxencia humanitaria derivada do conflito bélico en Ucraína.

Un cheque que o propio presidente da asociación, Manolo Durán, entregaba esta mañá na sede da Asemblea Comarcal de Cruz Vermella Valdeorras. No acto de entrega a presidenta, Mariví Núñez, facía extensivo o agradecemento de Cruz Vermella á Abertal, así como “a todas as persoas que participaron e asistiron ao evento benéfico”.

 

Artigos relacionados

Back to top button