CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Abertal organiza para maio un obradoiro de percusión miúda impartido por Ramón Dopico

 

A Asociación Cultural Abertal organiza un obradoiro de percusión miuda (culleres, tarrañolas, cavaneiras,…) impartido por Ramón Dopico (percusionista de formacións como Berros do Castro e Raparigos, e antes do lembrado grupo Os Cempés) que se desenvolverá o 25 de maio en horario de mañá e tarde (de 11 a 13 e de 16 a 20).

O prezo é de 30 euros, cun prezo especial para alumnos e socios de 20 euros e as inscricións deberán facerse na escola antes do 11 de maio, ou no seguinte número de teléfono 659 202 071. “Son prazas limitadas e impartirase no local da Asociación, na Casa de Cultura da Rúa”, adiantan dende Abertal convidando á poboación a “aproveitar a oportunidade de recibir unha masterclass de mans dun músico excepcional da música tradicional galega”.

Artigos relacionados

Back to top button