CulturaCulturaGalerías de fotosMúsicaÚltima hora

Abertal pecha o curso cun festival ao aire libre, diante da igrexa de Fontei (A Rúa)

 

A praza de Fontei, máis concretamente diante da igrexa, era un ano máis o lugar elixido pola Asociación Cultural Abertal para celebrar o festival de fin de curso ao aire libre.

 

 

Alí, dende os mais pequenos ata os maiores; das pandereteiras, aos bailaríns e os acordeonistas; en pequenos grupos segundo o nivel, un a un os alumnos da Escola de Música e Baile Tradicional da Rúa, foron amosando o seu arte e o aprendido este ano, diante do atento público.

 

 

Coas camisetas oficiais da asociación, e ao ritmo de xotas, pasodobres e muiñeiras, Abertal poñía así o broche de ouro ao curso co que regresaba a unha relativa normalidade tralo paso da pandemia de Covid.

 

 

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button