CulturaCulturaMúsicaÚltima horaVídeos

Abertal pon o son tradicional ao pasarrúas do Apalpador na Rúa

 

Ás portas dos días centrais, na tarde deste venres 22 de decembro chegana á Rúa o primeiro dos personaxes estrela do Nadal na montaña ourensá.

 

 

Un ano máis, pasadas as seis e media da tarde o Apalpador percorría os bares e rúas da vila, apalpando as barrigas aos cativos que atopaba polo camiño e repartido caramelos e castañas pilongas a nenos e maiores. Acompañando a este tradicional personaxe, Abertal achegaba un máxico pasarrúas cargado de panxoliñas para celebrar cos veciños e veciñas a chegada do Nadal.

O percorrido comezaba na rúa Campo Grande e remataba cunha merenda na Casa da Cultura.

 

 

Esta actividade está organizada pola Asociación Cultural Abertal coa colaboración da Agrupación Teatral A Ruada e do Concello da Rúa. Mañá tocaralle o turno a Anxo Moure e Sevando Barreiro que farán outro pasarrúas do Apalpador dende Fontei ata a Casa da Cultura; e o domingo, será a quenda de Papá Noel da man da Asociación San Cristóbal.

 

 

Fotos de vídeos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button