CulturaCulturaEn portadaGalerías de fotosMúsicaÚltima horaVídeos

Abertal pon son e ritmo ao pasarrúas co Apalpador pola Rúa

 

A Rúa abría o programa de Nadal o luns cun espectáculo intantil na Biblioteca Municipal e continuaba onte co espectáculo de pompas de xabón xigantr no pavillón, pero era hoxe cando chegaga o primeiro dos personaxes estrela destas festas na montaña ourensá.

 

 

Pasadas as seis da tarde deste venres 23 de decembro, o Apalpador percorría as rúas da vila, apalpando as barrigas aos cativos que atopaba polo camiño e repartido caramelos. Acompañando a este tradicional personaxe Abertal achegaba un máxico pasarrúas cargado de panxoliñas para celebrar cos veciños e veciñas a chegada do Nadal.

 

 

Esta actividade está organizada pola Asociación Cultural Abertal coa colaboración da Agrupación Teatral A Ruada e do Concello da Rúa. Mañá tocaralle o turno a Papá Noel da man da Asociación San Cristóbal.

 

 

 

Fotos e vídeos.

Artigos relacionados

Back to top button