AletismoDeportesÚltima hora

Abertas ata o 20 de decembro as inscricións para a XII Carreira e Andaina Popular do Nadal na Rúa

A proba "1 kg solidario" celebrarase o 24 de decembro con saída e meta no Aguillón

 

Participantes na carreira o ano padado./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Un ano maís A Rúa acolle a Carreira e Andaina Popular do Nadal “1 kg solidario”, pero en lugar do 31 como o ano pasado, faráo o vindeiro domingo 24 de decembro, Noiteboa.

O circuíto consta de unha volta de 6.000 m. para a carreira e para a andaina, totalmente chairo, con saída e meta no Pavillón Municipal, no Aguillón. Alí retiraranse os dorsais o sábado día 23, de 19 a 20h. e o domingo día 24 de 9:30 a 11h. No momento da retirada do dorsal, os participantes e acompañantes poderán facer entrega dun 1kg. de alimentos no perecedoiros para ser doados.

A andaina sairá ás 11:30 horas e ás 12 a carreira absoluta seguida das categorías inferiores. A entrega de trofeos está prevista para as 13:15 horas. Na carreira haberá trofeos para os tres primeiros clasificados na categoría absoluta homes e mulleres; trofeo para o primeiro clasificado e medallas para o segundo e terceiro nas categorías Sub 16, Sub 18/Sub 20, Sub-23/Sénior e toda a categorías master homes e mulleres. Nas carreiras de Sub 14, Sub 12, Sub 10 e Prebenxamíns entregaranse medallas. Ademais obsequiarase cunha bolsa do corredor os participantes na carreira absoluta e haberá sorteo de regalos.

 

 

Na andaina, haberá trofeo para o andarín mais xove e o máis maior independentemente do sexo; Trofeo para o grupo ou familia mais numeroso; e sorteo de regalos.

As inscricións para a carreira absoluta e andaina (todas as idades) realizarase a través da web de Carreiras galegas. Tamén poderán inscribirse nos locais comerciais de Narjoisa e Auto Escuela Triunfo na Rúa e, en casos excepcionais “poderase admitir a inscrición no polideportivo do Aguillón ata unha hora antes do comezo da proba”.

Organizada polo Club ADAS O Barco, Valdemove Valdeorras e o Concello de A Rúa en colaboración coa Delegación da F.G.A en Valdeorras a proba incluída no Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e controlada a cargo do Comité de Xuíces da Federación Galega de Atletismo.

Artigos relacionados

Back to top button