AletismoDeportesÚltima hora

Aberto o prazo de inscrición para a carreira 10K Popular que se celebrará no Barco o 8 de maio

 

Tras meses de traballo e xestións con diferentes entidades e organismos, a carreira 10K Popular é por fin unha realidade. Organizada polo Concello do Barco de Valdeorras e a Federación Galega de Atletismo está prevista para o domingo 8 de maio e incluída no calendario oficial de competición da FGA.

Disputarase a través dun circuíto totalmente urbano e homologado e a entrega de dorsais realizarase o mesmo día da proba no Pavillón Municipal (rúa España) desde as 9 e ata unha hora antes da carreira que comezará ás 12:30 horas. A saída e a meta estarán na avenida Marcelino Suárez á altura da praza de España.

Con respecto ás categorías divídensen en Sénior, nados/as desde 2004 ata os 39 anos; Máster A: de 40 a 49 anos cumpridos o día da proba; Máster B: de 50 a 59 anos cumpridos o día da proba; Máster C: de 60 a 69 anos cumpridos o día da proba; Máster D: a partir de 70 anos cumpridos o día da proba; e Absoluta.

A inscrición xa está aberta na web de Carreiras Galegas.

Regulamento 10 Km. O Barco de Valdeorras

Artigos relacionados

Back to top button