CulturaCulturaÚltima hora

Aberto o prazo para participar na XIV Bienal de Pintura do Eixo Atlántico

Foto: Eixo Atlántico.

 

Os membros do Grupo Temático de Educación e Cultura do Eixo Atlántico aprobaron abrir o prazo para a inscrición de artistas na Bienal de Pintura. A inauguración da exposición itinerante será a finais de ano en Lugo,coincidindo co peche da programación da Capital da Cultura do Eixo Atlántico.

Segundo consta nas bases publicadas, poderán concorrer ao certame todos os artistas da Eurorrexión cunha única obra de pintura orixinale inédita que non fose exposta  nin presentada con anterioridade a ningún outro certame ou concurso.

Toda a información necesaria para participar no certame atópase na web https://www.eixoatlantico.com/es/bienal-de-pintura/

Unha vez pechada a recepción das obras,o Xurado seleccionará as 30 propostas finalistas que configurarán o catálogo dixital  do premio e constituirán a colección itinerante para as sucesivas exposicións que terán lugar nas cidades galegas e portuguesas pertencentes ao Eixo Atlántico.

O fallo do xurado farase público o día da inauguración da exposición, cando t amén se fará entrega dos premios aos galardoados.

Premios:
Premio Eixo Atlántico: 4000euros
Segundo Premio:2000 euros
Premio”Novos Talentos Luso-Galaicos”para novos artistas (de entre 16 e 25 anos):1500 euros

Artigos relacionados

Back to top button