A RúaConcellosÚltima horaVídeos

Abre as portas na Rúa ‘Mi mamá me mima’, unha librería-papelería con “alma”

Está ubicada na rúa Velázquez, esquina con Miguel de Cervantes

 

Moito máis que unha librería ao uso, ‘Mi mamá me mima’ ten a esencia da súa propietaria. “É a miña alma, o que máis me gusta”, di Begoña Bellet Fernández, veciña da Rúa que esta mesma semana, apenas uns días antes das Festas de Verán, abría as portas do seu proxecto de vida, vencellado á súa gran paixón, o mundo das letras, en pleno centro da vila, na rúa Velázquez esquina con Miguel de Cervantes.

 

 

“É un proxecto creado con moita ilusión e no que levaba moitos anos pensando sen decidirme a dar o paso”, di Bego, recoñecendo que o facía agora porque os nenos xa lle son grandes e “apetecíame facer algo e cun pequeno empuxonciño dixen, é o momento”.

 

En ‘Mi mamá me mima’ hai material escolar.

 

En ‘Mi mamá me mima’, un amplo espazo con detalles que marcan a dferenza, podemos atopar dende xoguetes ou artigos para bebés, ata libros (de xénero infantil, novela, de segunda man), revistas, periódicos e todo o relacionado coa papelería e a escola, incluído libros de texto.

 

 

O horario de verán é de 10 a 13:30 e de 17 a 20:30 horas (sábados pola mañá) e o de inverno será de 9:30 a 13:30 e de 16:30 a 20:30 horas.

 

 

Fotos e vídeo: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button