EconomíaEconomíaÚltima hora

Abre as portas o Café Bar ‘La Vieja Escuela’, un novo local de hostalaría no Barco

 

Durante moitos anos foi un restaurante, despois pasou a bar e agora vén de reabrir con novo nome e nova xerencia. Na rúa Valle Inclán Nº 1, moi preto do Colexio Divina Pastora, no Barco de Valdeorras, está o Café Bar ‘La Vieja Escuela’, un novo establecemento hostaleiro que abría as portas na tarde deste mércores 22 de novembro.

 

Interior do local.

 

Con Larry á fronte, o local busca recuperar a esencia dos bares de sempre. Lugares acolledores nos que conversar, escoitar boa música, relaxarse e tomar un café, unha caña ou unha copa cos amigos. Ademais durante todo o ano poden degustarse pinchos de xamón e chourizo caseiros e, nos meses de inverno, sopas de allo ou lentellas, entre outros.

 

Larry trala barra de ‘La Vieja Escuela’.

 

En principio o café bar estará aberto de seis da mañá a dez da noite, aproximadamente.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Ubicación do café bar.

Artigos relacionados

Back to top button