ConcellosO BarcoÚltima hora

Abre as súas portas a Tapería Agarimo, no casco antigo do Barco

 

A vila do Barco conta cun novo establecemento onde poder tapear e desfrutar da gastronomía e dos viños. Trátase da Tapería Agarimo que esta tarde abría as súas portas, con Julio Pérez e Yolanda Pereira á fronte. Esta tapería está situada no casco antigo do Barco, en concreto, na rúa San Mauro, nº3.

 

 

A Tapería Agarimo conta cunha ampla variedade de tapas pensadas para todos os gustos, cun espazo tamén para os máis pequenos da casa. Así, neste establecemento poderanse saborear tapas como rabas de calamar, molexas de tenreira, croquetas, orella, pincho moruno, chipiróns, langostinos ao allo, zorza con ovo e patacas, patacas bravas, patacas ali-oli, callos ou varios tipos de ensaladas.

 

 

Tamén se ofertan racións infantís de pasta boloñesa, salchichas con patacas ou ovos con patacas. Ademais, por encargo, farase cachopo de tenreira e paellas. Os prezos das tapas da carta oscilan entre os 3 euros e os 20 euros (no caso dos pratos por encargo).

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button