
Co obxectivo de celebrar unha edición máis e, ao mesmo tempo, adaptándose á nova normalidade xerada a raíz da crise do Covid-19, a III Carreira e Andaina das Cidades de Vilamartín contra o Cancro de Páncreas será virtual. Isto permitirá que “poidamos seguir participando e contribuíndo neste evento que cada ano reúne a máis dun milleiro de persoas en Valdeorras”, explican dende a organización, en mans de tres veciñas de Valdeorras que hai tes anos decidían crear un proxecto solidario e deportivo para homenaxear un familiar falecido por esa doenza e tamén para axudar a outras persoas que a sofren.
As persoas interesadas en participar xa poden realizar a súa inscrición na web: carreracancerpancreas.es
“Ademais poderán indicar en que cidade participan (poñendo Vilamartín de Valdeorras) e persoalizar ou seu dorsal co nome da persoa que ti elixas”, explican as promotoras.
O prezo da inscrición son 10€ e 12,90€ co envío incluído da camiseta oficial co lema: 2020 “Este é o momento de ganarlle a carreira ao cancro de páncreas”. Poden realizarse ata 6 inscricións simultaneamente para pagar só unha vez os gastos de envío das camisetas. Así mesmo, o ofrécese a posibilidade de facer unha doazón a través do Dorsal 0.
As modalidades
A descarga da APP
Unha vez inscrita, a persoa pode descargar a aplicación a través dunha das seguintes ligazóns segundo o sistema operativo do seu teléfono móbil:
.- Android: https://play.google.com/store/apps/details?id=com.sportmaniac_live_app_android.carrera_ciudades
.- Apple store: https://apps.apple.com/us/app/carr-ciudades-c%C3%A1ncer-p%C3%A1ncreas/id1536152909
Ademais nesa mesma aplicación será posible que os participantes garden adestramentos dos días previos e fotos.
Dende a organización deste evento deportivo e benéfico agradecen a “participación, colaboración e empuxe. Sen todos vós non sería posible”.