EconomíaEconomíaÚltima hora

Ábrense as inscricións de olivicultores para a XXIV Mostra de Aceite de Quiroga, que será o 21 de abril

Imaxe da anterior edición da Mostra do Aceite de Quiroga./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Ao mesmo tempo que en Quiroga se traballa na súa mostra máis recoñecida, a Feira do Viño, que se desenvolverá a derradeira fin de semana deste mes; comézase xa coa organización da XXIV Mostra do Aceite, que exalta a outro dos produtos máis recoñecidos desta zona lucense. A data escollida para a celebración desta cita é o 21 de abril, data escollida na xuntanza mantida entre olivicultores e representantes municipais.

A Mostra do Aceite desenvolverase no lugar das Farrapas, en Bendilló, onde a recreación da elaboración tradicional no seu antigo muíño de olivas, movido por un burro, e a venda do aceite de Quiroga serán os puntos centrais desta xuntanza.

E a falta dun mes para a súa celebración ábrese o prazo de inscrición para participar nesta Festa de Interese Turístico de Galicia. O número de colleiteiros está limitado a 8 polo que os interesados en participar serán seleccionados por orde de inscricións no rexistro de entrada das oficinas municipais. Requisitos imprescindibles serán contar co rexistro sanitario vixente e ter unha colleita mínima de 200 litros de aceite.

No momento de realizar a inscrición, que se poderá facer ata o 27 de marzo, é obrigatorio presentar unha mostra dun litro de aceite en envase de cristal para realizar posibles catas.

Artigos relacionados

Back to top button