Tras dous anos de cancelación por culpa do Covid, Running Sport Trail organiza a décima edición do Chandrexa Trail para o 19 de xuño deste 2022, a partir das 8 da mañá dende o Concello de Chandrexa de Queixa.
Nesta ocasión haberá catro modalidades: CH42 (42 Km, desnivel 2850+); CH28 (28 Km, desnivel 1510+); CH18 (18 Km, desnivel 960+); CH7.3 (7.3 Km, desnivel 480+); e andaina (18 Km, desnivel 960+), sendo puntuable para a Liga Provincial de Trail.
O prazo de inscricións ábrese hoxe e rematará o 12 de xuño, na páxina web www.chandrexatrail.com onde pode consultarse toda a información sobre esta dura pero fermosa carreira por montaña.