CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Ábrese a matrícula para as escolas infantís públicas autonómicas

O prazo para solicitar praza comprenderá desde mañá venres ata o vindeiro 5 de abril

 

A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, anunciaba esta mañá a apertura do prazo de matrícula para as escolas infantís públicas autonómicas para o vindeiro curso 2023-24. Facíao durante unha visita á escola infantil de Santa Susana, en Santiago, na que sinalou que os pais poderán solicitar unha das 10.500 ofertadas desde mañá venres e ata o vindeiro 5 de abril.

O Diario Oficial de Galicia publicou hoxe o calendario de matriculación para o que será o segundo ano de gratuidade destes centros. A conselleira lembrou que Galicia converteuse o pasado ano na primeira Comunidade en facer gratuítas todas as escolas infantís, independentemente da súa titularidade, durante oito horas ao día e once meses ao ano. Unha medida que beneficia a 31.000 familias que aforran arredor de 2.000 euros ao ano e na que a Xunta inviste máis de 55 millóns de euros ao ano.

Artigos relacionados

Back to top button