
No Pizarras Tres Cuñados FS sempre coidaron con moito mimo á base, levando a cabo un traballo que dá os seus froitos. Ata o punto de que nesta fin de semana clasificaban ás tres categorías (alevín, infantil e cadete) para a final da Copa Deputación en 1ª autonómica que se disputará a vindeira fin de semana en Barbadás.
Os alevíns eran cuartos na liga e, tras eliminar en semifinais a Carballiño FS 9-0 en Calabagueiros e perder 4-1 en Cea, xogarán a final contra o Academia Futsal Ourense. O partido será o sábado 22 de xuño no Pavillón de Os Carrís ás 13 horas.

Os infantís eran segundos na liga provincial e, tras eliminar ao Concello de Coles 0-3 (partido único), xogarán a final tamén contra Academia Futsal Ourense. O partido será o domingo 23 de xuño no Pavillón de Os Carrís ás 10 horas.
Os cadetes pola súa banda eran terceiros na liga e, logo de vencer en semifinais a Sala Ouense (1-5 no partido de ida nos Remedios e 6-1 no de volta en Calabagueiros), disputarán a final contra Cented Academy. O partido será o domingo 23 de xuño, tamén no Pavillón de Os Carrís ás 11:30 horas.

Fotos cedidas.