ConcellosÚltima hora

Ábrese o prazo para inscribirse no Vilaverán 2019 que se celebrará do 1 de xullo ao 30 de agosto

O campamento estival de Vilamartín de Valdeorras está pensado para nenos de entre 4 e 12 anos
Cartel do Vilaverán 2019.

Hoxe, 21 de xuño, entra oficialmente o verán e con el, chegan as vacacións. Serán máis de dous meses de lecer para os cativos que rematan o curso escolar e como cada ano, dende o Concello de Vilamartín abren o prazo de inscrición dunha nova edición do Vilaverán.

Trátase dun campamento de verán para desfrute dos máis pequenos do pobo con actividades e xogos (piscina, andainas, obradoiros de cociña, manualidades, pintacaras, contacontos,…) que se desenvolverán principalmente no Centro Sociocultural Santa Lucía do 1 de xullo ao 30 de agosto. Dirixido a nenos de entre 4 e 12 anos, o horario do Vilaverán 2019 será de luns a venres de 9:30 a 13:30h.

As prazas son limitadas a 45 nenos e para asistir, as solicitudes deberán recollerse nas oficinas do Concello.

 

Artigos relacionados

Back to top button