ConcellosSan Xoán de RíoÚltima hora

Accidente de tráfico con feridos en San Xoán de Río

 

Arredor das dúas e media desta tarde producíase un accidente de tráfico no punto quilométrico 64 da estrada OU-536, no municipio de San Xoán de Río. Un vehículo saíase da vía e, como consecuencia disto, dúas persoas resultaban feridas, tal e como informa o 112 Galicia.

Tras recibir o aviso do accidente, dende o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia deuse aviso ao servizo de Urxencias Sanitarias, así como á Garda Civil de Tráfico, ao GES de Castro Caldelas e a Protección Civil de San Xoán de Río.

Posteriormente, os membros de Protección Civil comunicaron ao 112 Galicia que resultaran feridas dúas persoas, que tiveron que ser trasladadas ao centro hospitalario de referencia.

Artigos relacionados

Back to top button