OurenseÚltima hora

Accidente de tráfico en Monterrei

 

Pasadas as 2:20 horas desta madrugada producíase un accidente de tráfico, no lugar de Albarellos (Monterrei). Un condutor sufría unha saída de vía co seu coche, resultando semienvorcado. “Os primeiros alertadores apuntaban a que a persoa podería estar atrapada, aínda que os Bombeiros de Xinzo de Limia comprobaron á súa chegada que esta conseguira saír ao exterior. Entón, colaboraron para portala en padiola ata a ambulancia na que se achegaran os servizos sanitarios, e na que sería evacuada ao centro hospitalario de referencia”, segundo informa o 112 Galicia.

Ademais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e dos Bombeiros de Xinzo de Limia, neste operativo participaron os axentes da Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada, tal e como indica o 112 Galicia.

Artigos relacionados

Back to top button