ConcellosÚltima horaVilamartín

Accidente de tráfico en Vilamartín de Valdeorras

Pasaban apenas dez minutos das dez da noite deste 22 de xaneiro cando se producía un accidente de tráfico na vila de Vilamartín de Valdeorras. No suceso chocaban dous vehículos, un deles subía pola rúa Irilda e outro que saía da rúa da Igrexa. Ata o lugar desprazábanse de inmediato os voluntarios de Protección Civil de Vilamartín, o 061-Urxencias Sanitarias e os bombeiros do parque comarcal.

Segundo as primeiras informacións, como resultado do sinistro resultaba ferida unha persoa que era trasladada en ambulancia para recibir atención sanitaria no hospital valdeorrés.

Fotos cedidas.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button