ConcellosPetínÚltima hora

Accidente de tráfico esta madrugada no municipio de Petín

 

Esta pasada madrugada producíase un accidente de tráfico na estrada de acceso a Mones (Petín), na zona do Campelo, onde un vehículo saíse da vía nunha curva. O 112 Galicia recibía o aviso do suceso sobre as dúas e media desta pasada madrugada. A partir de aí, os xestores de emerxencias pasaron aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia, á Garda Civil de Tráfico, aos Bombeiros e membros do GES de Valdeorras e aos efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade.

“Segundo a información recibida no 112 Galicia por parte dos membros do GES de Valdeorras, o coche, que circulaba pola estrada, tras saírse da vía, bateu contra unha árbore, desprazouse por un desnive  (duns 10 m) e rematou envorcado. Por fortuna, os seus dous ocupantes conseguiron saír polos seus propios medios do interior do vehículo”, segundo informa o 112 Galicia e tamén Protección Civil de Petín. As dúas persoas que viaxaban no vehículo foron avaliadas no mesmo lugar dos feitos polos profesionais sanitarios e presentaban feridas superficiais. As dúas foron trasladadas ao hospital.

Artigos relacionados

Back to top button