ConcellosÚltima horaVilamartín

Accidente de tráfico na estrada N-120 ao seu paso por Vilamartín

 

Pasadas as cinco e media desta tarde producíase un accidente de tráfico na estrada N-120 ao seu paso polo municipio de Vilamartín de Valdeorras, nunha zona bastante próxima á hai dúas semanas se producía outro sinistro. Neste caso tiña lugar nas proximidades da gasolineira.

No accidente víanse implicados dous vehículos e hai unha persoa ferida. Segundo as primeiras informacións, todo acontecía cando a un camión, que circulaba en sentido A Rúa, rebentáballe unha roda xunto cando se cruzaba cun turismo. A cámara do neumático impactaba no coche, resultando ferida a persoa que o conducía, que xa foi trasladada ao Hospital de Valdeorras para recibir atención sanitaria.

Ata o lugar do suceso desprazábanse de inmediato os voluntarios de Protección Civil de Vilamartín, o GES Valdeorras, o 061 Urxencias Sanitarias, os bombeiros do parque comarcal e a Garda Civil de Tráfico.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button