ConcellosÚltima horaVilamartín

Accidente de tráfico na N-120 á altura de Vilamartín de Valdeorras

 

Rozando as dúas desta tarde de 3 de abril producíase un accidente de tráfico na estrada N-120 en Vilamartín de Valdeorras, á altura do Hotel A Lastra. No sinistro víanse implicados un turismo e un camión, que ían en dirección A Rúa. O coche impactaba coa parte posterior do camión, tendo como resultado unha persoa ferida.

 

 

Ata o lugar do suceso desprazábase de inmediato o 061-Urxencias Sanitarias, así como a Garda Civil de Tráfico, os voluntarios de Protección Civil de Vilamartín e Conservación de Estradas. Tamén se alertaba ao GES Valdeorras e aos bombeiros do parque comarcal.

Artigos relacionados

Back to top button