A RúaConcellosÚltima hora

Accidente de tráfico na Rúa

 

 

Na tarde deste luns 11 de marzo producíase un accidente de tráfico na estrada principal da Rúa, no que se vían implicados un coche e unha moto.

O suceso producíase preto das 18 horas no cruce entre a rúa Campogrande e o Camiño Novo e ata o lugar dos feitos desprazábase voluntarios de Protección Civil da Rúa, o GES Valdeorras, unha ambulancia do 061, a Policía Local da Rúa e a Garda Civil.

Finalmente, tal como indican dende o 112 Galicia os profesionais dos servizos sanitarios trasladaban ao motorista ferido ata o Hospital Público Valdeorras.

Artigos relacionados

Back to top button