Pasadas ás 17:15h. da tarde deste luns 24 de outubro producíase un accidente de tráfico na rúa Lugo, nas proximidades da Delegación de Faceda e do CEIP Julio Gurriarán. Unha persoa era atropelada.
Ata o lugar do suceso desprazábanse de inmediato a Policía Local do Barco, o 061-Urxencias Sanitarias e o Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) Valdeorras. A persoa ferida era trasladada ao Hospital Público de Valdeorras, que se encontra moi preto dese lugar, para recibir atención sanitaria.