Unha persoa resultaba ferida nun accidente de tráfico que se producía rozando ás dúas da tarde deste mércores 18 de xullo na estrada N-536, no cruce de Sobradelo (Carballeda de Valdeorras). No sinistro, en pleno casco urbano, estaban implicados dous vehículos. Ata o lugar do suceso desprazábanse de inmediato o GES Valdeorras, o 061 e a Garda Civil de Tráfico.