En portadaÚltima hora

Accidente entre unha moto e un turismo na estrada de Santigoso (O Barco)

Publicidade

 

Pasadas ás 19:30h. deste domingo 16 de agosto producíase un accidente de tráfico na estrada OU-121, en dirección a Santigoso (O Barco), a apenas 2 quilómetros tras saír de Viloira. No sinistro víanse implicados un turismo e unha moto.

Ata o lugar do accidente desprazábanse de inmediato a Policía Local do Barco, o GES Valdeorras, o 061 Urxencias Sanitarias, a Garda Civil de Tráfico e os Bomberos do parque comarcal.

Segundo as primeiras informacións, as dúas persoas que ían na moto resultaban feridas e trasladadas a un centro sanitario.

Recoméndase circular con precaución pola citada estrada.

Artigos relacionados

Back to top button