ConcellosO BoloÚltima hora

Activado o Plan Especial para o Risco de Inundacións no Concello do Bolo no nivel de prealerta

Dende Protección Civil O Bolo pregan que a poboación "estreme as precaucións e faga caso da sinalización circunstancial que se instalará para este aviso"

Crecida co río Xares ao seu paso por Barxa./ Foto cedida.

 

Según informacións facilitadas por Iberdrola, “vaise realizar unha apertura de portas da presa de Santa Eulalia (un verquido controlado cun caudal inicial de 20 m3/s) polo que se espera que aumente o caudal do río Xares podendo producirse desbordamentos puntuáis no núcleo de Barxa (a ponte que o une co Seixo segue cortada ao tráfico rodado como peatonal), polo que o 112 Galicia acaba de activar o Plan Especial para o Risco de Inundacións no Concello de O Bolo no nivel de prealerta.

Dende Protección Civil O Bolo pregan que a poboación “estreme as precaucións e faga caso da sinalización circunstancial que se instalará para este aviso”, asegurando que manterán “un equipo de garda ante calquer incidente que poida ocorrer”.

Pódese contactar con eles a través do número gratuíto 112 ou no 686 549 136.

Artigos relacionados

Back to top button