DeportesÚltima horaXadrez

Actividade de iniciación ao xadrez, no Paseo do Malecón do Barco

 

Sobre varias mesas colocadas no Paseo do Malecón (O Barco) os máis pequenos coñecen as diferentes pezas do xadrez, os seus movementos e tamén o procedemento deste xogo de mesa. Con esta actividade ao aire libre, que se poñía en marcha ás 11h. deste sábado 23 de setembro, o Club Xadrez Valdeorras pretende achegar este deporte á sociedade valdeorresa.

Nesta actividade, que se prolongará ata as 13h., cóntase co apoio de monitores que axudan tanto aos cativos como tamén aos adultos interesados en iniciarse no deporte do Xadrez e xogar partidas libremente. O vindeiro sábado 30 de setembro desenvolverase outra iniciativa deste tipo co mesmo horario e tamén no Paseo do Malecón barquense.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button