ConcellosSan Xoán de RíoÚltima hora

Actividade formativa en primeiros auxilios, o 28 de xullo en Río

 

A partir das 18h. da tarde do xoves 28 de xullo terá lugar no pavillón de San Xoán de Río unha actividade formativa en primeiros auxilios. “Preparemos a nosa poboación en caso de urxencia cun básico de primeiros auxilios e en axuda na utilización da motobomba municipal no caso de incendio ou emerxencia”, explica o alcalde de Río, Xosé Miguel Pérez.

“Os primeiros minutos son cruciais en caso dunha emerxencia, temos que estar todos preparados para intentar reducir os danos ocasionados”, indica o rexedor, que anima á veciñanza a asistir a esta actividade.

Artigos relacionados

Back to top button