CulturaCulturaÚltima hora

Actividades arqueolóxicas e lúdicas no Castro da Saceda (Cualedro)

A xornada desenvolverase a partires das once da mañá do vindeiro 13 de novembor neste xacemento castrexo
Detalle do cartaz da actividade./ Foto: Mani Moretón.
Detalle do cartaz da actividade./ Foto: Mani Moretón.

Cunha visita guiada ao xacemento comezará ás once da mañá do 13 de novembro un programa de carácter arqueolóxico e de promoción da participación veciñal que se desenvolverá no Castro da Saceda (Cualedro). Xa pola tarde, ás 16h. terá lugar unha actividade de arqueoloxía experimental e xogos populares. A “quedada será no forno comunal de Cualedro. E ás 18h. os actos completaranse cun magosto comunitario no forno comunal desta localidade ourensá.

A iniciativa será promovida polo Concello de Cualedro en colaboración coa Universidade de Vigo e Xeitura (Xestión Integral do Patrimonio Cultural Sociedade Cooperativa Galega).

Artigos relacionados

Back to top button