ConcellosQuirogaÚltima hora

Actividades de outono no Centro Social de Quiroga

Celebrando o Día do Maior con cocholate con churros.

 

O Centro Social para a Terceira Idade de Quiroga volve as súas actividades do outono retomando as manualidades e a ximnasia de mantemento, e festexando o día das persoas maiores.

Tal como informan dende o Concello, a actividade que máis novidades presenta é a de manualidades que nesta ocasión deixa de ser gratuíta e os socios que queiran participar deberán aportar unha pequena cota. Nesta nova etapa de manualidades, impartida por Mayte Pérez Grao todos os luns, continuarase traballando a técnica do decoupage, que consiste en decorar superficies neste caso de madeira (caixas, bandexas, xoieiros,…).

A ximnasia de mantemento, unha das actividades máis concorrida, continúa na mesma liña de anos anteriores pero cambia de día, e a partir de agora desenvolverase os mércores e os venres mantendo o seu horario de 17 a 18 horas.

 

A concelleira encargada do centro, Lucía Nogueira e o alcalde de Quiroga, Julio Álvarez, na celebración.

 

Neste mes de outubro conmemórase ademais o Día do Maior, data que tamén se celebrou no centro quirogués. Así na fin de semana os socios que se achegaron ata o centro foron convidados a un chocolate con churros. Na celebración estiveron acompañados por boa parte da corporación municipal entre os que se atopaba a concelleira encargada do centro, Ana Lucía Nogueira, e o propio alcalde de Quiroga, Julio Álvarez.

Para rematar o mes, o último venres o centro organiza un bingo para o entretemento dos seus socios. Ademais neste último trimestre do ano está programada a celebración do magosto para os usuarios do centro o día 19 de novembro, así como a concorrida cea de Nadal prevista para o 17 de decembro.

 

Unha das clases de manualidades retomadas no Centro Social de Quiroga.

Artigos relacionados

Back to top button