CulturaCulturaEducaciónÚltima horaVídeos

Actividades no Condesa de Fenosa e visitas pola vila, na 1ª xornada do intercambio escolar entre O Barco e Vila Real

 

Cunha intensa sesión de actividades remataba o primeiro día do intercambio escolar do Eixo Atlántico no que participan o CEIP Condesa de Fenosa do Barco de Valdeorras e o Agrupamento de Escolar Diogo Cão da localidade portuguesa de Vila Real Agora.

 

 

A xornada deste mércores 8 de maio comezaba coa recepción dos nenos portugueses no patio do colexio barquense. Os integrantes do intercambio compartían un xantar e recreo no centro e pola tarde participaban en diferentes actividades. Pola tarde era o turno das visitas ás instalacións do hotel Monumento Pazo do Castro e á Torre medieval do Castro, incluíndo unha ruta turística polo Barco visitando os lugares máis emblemáticos da vila.

 

 

Mañá, xoves 9 de maio visitarán ás naves de elaboración de lousa do Pizarras Tres Cuñados; serán recibidos no Concello do Barco por parte do alcalde e a concelleira de Cultura no Salón Multiusos; e tamén visitarán a exposición “Os Escarvadores” no espazo expositivo do Teatro Lauro Olmo.

 

 

Fotos e vídeo cedidos.

Artigos relacionados

Back to top button