Ata tres incendios forestais veñen de rexistrarse nas últimas horas no municipio de Viana do Bolo. O último comezaba pasadas as oito e media desta tarde de 23 de xullo na zona de Vilardemilo e ten ata cinco focos, “o que reflicte unha clara intencionalidade”, di a Consellería doe Medio Rural. Segundo as primeiras estimacións, xa arderon unhas 50 hectáreas (datos ás 22:40h.). Parece ser que o lume está collendo cara o Testeiro.
Os medios mobilizados para o seu control son 3 axentes, 9 brigadas, 5 motobombas, 2 pas, 4 helicópteros e 4 avións. Os medios aéreos retiráronse co solpor, indica Medio Rural.
Este municipio sufría outros dous incendios forestais, un deles en Pradocabalos que obrigou a cortar a estrada A Rúa-A Gudiña.

Ademais, segundo as últimas informacións, pasadas ás 22:30h. vén de detectarse outro incendio nunha zona próxima a Penouta, tal e como pode comprobarse á esquerda desta imaxe.
Fotos cedidas (a primeira das imaxes da galería é do Brif Laza).