ConcellosÚltima hora

Activo un incendio forestal con dous focos en Sabuguido (Vilariño de Conso)

Afecta unha superficie dunhas 70 hectáreas, segundo as últimas estimacións da Consellería do Medio Rural
Imaxe do incendio na parroquia de Sabuguido (Vilariño de Conso).

Ás 16:20h. desta tarde de sábado 16 de marzo iniciábase un incendio forestal con varios focos ao mesmo tempo no municipio de Vilariño de Conso e, máis en concreto, na parroquia de Sabuguido. Segundo as últimas estimacións da Consellería de Medio Rural, afecta unha superficie dunhas 70 hectáreas.

“Esta medición é provisional ata que, unha vez rematado o lume, se parametrice a superficie final afectada”, matizan dende a consellería. No control deste incendio están traballando 4 axentes, 8 brigadas, 4 motobombas e 7 helicópteros.

 

Artigos relacionados

Back to top button