ConcellosSen categorizarÚltima horaVilariño de Conso

Activo un incendio forestal en Chaguazoso (Vilariño de Conso)

Imaxe de arquivo dun incendio anterior.

Ás nove da mañá deste venres 13 de outubro continuaba activo un incendio forestal en Chaguazoso (Vilariño de Conso) que afecta a unhas 160 hectáreas, segundo informan dende a Consellería do Medio Rural.

Os medios mobilizados para o mesmo son 5 axentes, 8 brigadas, 4 moto bombas, e 2 pas.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

 

Artigos relacionados

Back to top button