ConcellosFolgoso de CaurelÚltima hora

Activo un incendio forestal en Folgoso do Courel e extinguido o de Río Caldo (Lobios)

 

Continúa activo un incendio no municipio lucense de Folgoso do Courel, parroquia homónima. Neste caso, iniciouse ás 4:50 h. desta madrugada e, segundo as últimas estimacións provisionais, afecta unha superficie dunhas 70 hectáreas. Ata o de agora desprazáronse á zona para controlalo 1 técnico, 6 axentes, 18 brigadas, 8 motobombas, 7 avións e 2 helicópteros.

Ademais quedou extinguido ás 16,44 h. desta tarde o lume que se orixinara ás 8:46 h. no concello ourensán de Lobios, parroquia de Río Caldo. Finalmente, afectou 0,1 hectáreas arboradas do Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés. Para o seu control mobilizáronse en total 1 axente, 5 brigadas, 2 motobombas e 1 helicóptero.

Artigos relacionados

Back to top button