Chandrexa de QueixaConcellosÚltima hora

Activo un incendio forestal na parroquia de Queixa (Chandrexa de Queixa)

Incendio en Queixa (Chandrexa de Queixa)./ Foto: @Incendiosgalic1

 

Dende as 19:08h. desta tarde está activo un incendio forestal na parroquia de Queixa, no concello de Chandrexa de Queixa, que afecta nestes momentos a unha superficie de máis de 50 hectáreas, segundo a última actualización da Consellería do Medio Rural.

Na extinción deste incendio, que arestora vai con moita forza, están a traballar 3 axentes, 4 brigadas, 3 motobombas, 6 avións e 3 helicópteros.

Artigos relacionados

Back to top button