OurenseÚltima hora

Acto conmemorativo do 44º aniversario da Constitución, no Auditorio Municipal de Ourense

 

No mediodía deste martes 6 de decembro, celebráse no Auditorio Municipal de Ourense o acto de celebración do 44º aniversario da Constitución española, “un texto que alumea a nosa democracia, un instrumento fundamental que marca o progreso e modernización do Estado español”, en palabras do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, presente no acto de entrega dos premios aos escolares participantes no 38º concurso temático anual sobre a Constitución convocado pola Subdelegación do Goberno, nesta ocasión arredor dos artigos 44 e 46, un concurso dirixido a estudantes dos distintos niveis educativos de entre 3 e 18 anos da provincia de Ourense.

Manuel Baltar felicitou ao subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González Afonso, pola organización dun acto “que volve a situar un ano máis a Ourense como exemplo de celebración da Constitución”. O presidente da Deputación incide na importancia de fomentar dende a escola os valores constitucionais, “a través dun merecido homenaxe similar ao que realiza a Deputación arredor do Estatuto de Autonomía”.

 

O delegado do Goberno en Ourense, Gabriel Alén, entregando un dos premios do concurso.

 

O acto estivo presidido polo subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González Afonso; e contou tamén coa presenza do alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome; o delegado da Xunta, Gabriel Alén; o presidente da Audiencia Provincial, Antonio Piña; a fiscala xefe de Ourense, Eva Regueiro; e cargos do Congreso, o Senado, o Parlamento galego e deputados provinciais, ademais doutras institucións e representantes dos ámbitos sociais, da xudicatura e da cultura.

Durante o acto tamén se entregaron mencións especiais por “actividades extraordinarias a prol da sociedade” á Cruz Vermella en Ourense; ao Grupo de Rescate Especial de Intervención en Montaña; ao Seprona e á Policía Xudicial de Ourense; e a Juan Carlos Blázquez, comisario xefe provincial, despois de 42 anos de servizo.

Máis información e fotos no seguinte enlace: https://osil.info/dous-escolares-valdeorreses-premiados-no-38o-concurso-da-constitucion-presidido-polo-subdelegado-do-goberno-en-ourense/

 

 

Foto de familila no Auditorio Municipal de Ourense.

Artigos relacionados

Back to top button