OurenseÚltima hora

Acto conmemorativo do XXXVII Aniversario da Constitución Española

Neste acto tamén se entregaron diversas distincións e entre os galardoados estaba o tenente coronel xefe da Comandancia da Garda Civil de Ourense
Un dos momentos do acto de entrega de recoñecementos.
Un dos momentos do acto de entrega de recoñecementos.

Galicia atopou na Constitución de 1978 un camiño seguro cara á súa convivencia e liberdade. Así o manifestaba o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez, no acto conmemorativo do XXXVII Aniversario da Constitución Española que se celebraba o 4 de decembro na Delegación do Goberno en Galicia, na Coruña.

Ao acto asistían, ademais do presidente galego, o delegado del Goberno en Galicia, o ourensán Santiago Villanueva; a presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo; o vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda; o presidente do TSXG, Miguel Ángel Cadenas; o Fiscal Superior de Galicia, Fernando Suanzes; a Valedora do Pobo, Milagros Otero Parga; e os subdelegados do Goberno nas provincias (entre eles o de Ourense, Roberto Castro); entre outras autoridades civís e militares.

Na súa intervención, o delegado do Goberno en Galicia referíase aos novos desafíos que provocan os que, cos seus actos ou palabras, “menosprezan o pacto do acordo e do consenso entre os cidadáns” que representa a Carta Magna. “A eles dicímoslles que non estamos dispostos a que se poña en cuestión a nosa unidade”.

O delegado do Goberno en Galicia, durante a súa intervención.
O delegado do Goberno en Galicia, durante a súa intervención.

No marco deste XXXVII Aniversario da Constitución, entregáronse 20 condecoracións pertencentes á Orde do Mérito Civil. Estas distincións foron outorgadas polo Ministerio de Asuntos Exteriores a membros do Corpo Nacional de Policía e da Gardia Civil destinados en Galicia a proposta da Delegación do Goberno. Concedéuselles en recoñecemento á súa traxectoria profesional xeral ou dedicada ao Plan Director de Seguridade en centros educativos. Entre os galardoados estaba Manuel Javier Novo Colldefors, tenente coronel xefe da Comandancia da Gardia Civil de Ourense.

Artigos relacionados

Back to top button